top of page

¿QUÉN SOMOS?

 

 

Educatic nace do entusiasmo de catro alumnas do primeiro curso de Educación Primaria no campus de Pontevedra. Pretende ser un foro no que deixar testemuña dos nosos progresos na materia de Novas Tecnoloxías. Ademais, deixarémosvos información interesante sobre o mundo TIC e as súas potencialidades, especialmente no ámbito educativo.

 

Este blog, arranca ademais cun firme propósito: facervos partícipes do noso seguinte reto, unha web de recursos educativos dixitais que pronto verá a luz.

 

Como aperitivo podémosvos adiantar que xirará arredor dun tema fundamental nos procesos de ensinanza-aprendizaxe: a animación á lectura.

 

Ler é abrir a mente a novas experiencias.  É soñar e vivir moitos mundos dentro deste mundo. É un estímulo fundamental á imaxinación e á felicidade. A base da EDUCACIÓN en maíúsculas.

 

O noso obxectivo, pois, é estimular  a paixón pola lectura, sexa cal sexa o seu soporte, o seu formato. 

 

En definitiva, a lectura é un mapa. Podemos chegar a destino por múltiples camiños, por itinerarios diversos. Cada un distinto. Pero todos conducen ao mesmo lugar: a contar e ler historias fascinantes. Este blog, a nosa futura páxina web e cada libro da historia da humanidade comparten esa complicidade.

 

Animádesvos a viaxar con nós?

bottom of page