top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC

“CUÉNTAME COMO PASÓ"

Teño que recoñecer que a miña historia coas TIC desprende un inconfundible sabor a “cuéntame cómo pasó”.


Lembro ser una nena ben pequena, quizais duns 4 anos, cando chegou a casa aquel teléfono vermello. Colocouse no centro do salón, como unha especie de tótem neurálxico que o presidía todo. Ese trebello cheo de botóns e maila televisión Phillips, que o meu pai comprou por 100.000 das antigas pesetas para ver o mundial de fútbol do 82, foron as miñas primeiras referencias tecnolóxicas.


O segundo fito do meu particular paleolítico tecnolóxico foi o vídeo: a sorprendente posibilidade de conxelar, gardar e reproducir o que emitía TVE fóra da carta de axuste. Aquel avance tomou a forma dunha insólita especie de guerra fría entre VHS e BETA, que –nunca souben por qué – gañou a primeira.


Sen dúbida, un dos anos clave foi 1989. Ese ano caeu o Muro de Berlín, é dicir, caeu o telón monopolítistico do ente público e con el chegaron as canles privadas. España descubriu o zapping e viviu un segundo destape, o das mama chicho.


Logo viría o meu coqueteo adolescente co walkman, o ordenador de sobremesa e o meu querido Alcatel con tarxeta prepago.


En efecto, os meus 36 anos son testemuña dunha revolución tecnolóxica imparable. A miña xeración conviviu por igual coas Olivetti e cos smartphones, con alcatel e apel, os disquetes e a nube. Son filla do tetris, a wii e a tablet. Asistín ao espertar da Rede e das redes sociais. E hai ben pouco ao bauticeiro da fibra.


Mirar atrás é sentir nostalxia dunha época na que os avances ocorrían case a cámara lenta. Quizáis por iso celebrabamos cada invento, disfrutabamos del ata aburrirnos e desexar a seguinte innovación.


Hoxe a tecnoloxía é máis rápida que o ser humano. Existe una especie de carreira estresante, na que nunca conseguimos poñernos ao día. O mundo TIC é xa un espazo ilimitado, infinito e inabarcable por definición. Un mundo virtual cheo de riscos (en termos de privacidade, dependencia, ruido ou exceso de información, ciberdelitos…) pero tamén de innumerables oportunidades.


Hoxe as TIC permean as nosas vidas. Teñen mudado a forma de traballar, de comunicarnos, de relacionarnos, de facer negocios, de disfrutar do tempo libre… Penso que a clave dese salto cara adiante chegou da ma do mundo das aplicacións e do universo táctil. Grazas a eses dous elementos, as novas tecnoloxías da información e a comunicación son hoxe sinxelas e imprescindibles.


Imponse o intuitivo e o interactivo. A era táctil sedúcenos a todos e a todas, como aquel tótem ochenteiro cheo de botóns, o teléfono vermello da guerra fría que presidía a mesa do salón...


bottom of page