top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

PECHAMOS UN LIBRO

Feliz domingo lectores e lectoras!


Entramos en maio e este proxecto no que nos embarcamos fai uns meses chega a bo porto. É agora, ao rematar, cando poñemos a vista atrás e miramos todo o recorrido que fixemos en tan pouco tempo. É esta idea a que quero plasmar para cerrar este proxecto. Miñas compañeiras e máis eu evolucionamos claramente en canto a utilización das TIC, e ademais, concienciámonos claramente de que estas poden aportar moito nas aulas. Con tempo, dedicación e ganas pódese. Os que nos levades lendo todo este tempo podédelo confirmar. Pasiño a pasiño,con paciencia e traballo lograredes, igual que nós, introducirvos nun mundo de infinitas oportunidades. Por iso mestres e mestras, fóra escusas e adiante, todo é cuestión de comezar!


Ao igual que as miñas compañeiras desta aventura, quedei con tan boas sensacións que dá mágoa pechar a porta deste proxecto. Pero xa sabemos, cando unha porta se pecha, outra está a piques de abrirse! Igual pasa cos libros, pasamos a última folla e un sentimento de mágoa asómase, pero, pronto nos sumerximos noutra nova historia.



Queridos lecturizados e lecturizadas, espero tropezarme con vós nalgún outro libro, nalgunha outra historia ou aventura... Ata sempre!

bottom of page