top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

LECTURÍZATE



Hola a todos e a todas!!


Hoxe é o gran día!! Despois de tantas semanas de espera, e tras darvos pequenos adiantos, HOXE PRESENTÁMOSVOS A NOSA WEB!!!!!!!!


Despois de meses de duro traballo e de buscas incansables sobre os mellores contidos para engadir no noso proxecto, por fin podemos dicirvos que tedes dispoñible "Lecturízate". Ese é o nome da nosa web.


Como xa vos dixemos ao comezo desta aventura, este portal está dedicado a incentivar a lectura nos máis pequenos. Nel poderedes atopar moitos contidos que farán que os nenos e nenas se divirtan lendo.


Na realización da web seguimos o máis fielmente a nosa identidade corporativa, que vos expuxemos nas primeiras semanas. Así fomos creando, o que para nos é, unha páxina divertida, interesante e funcional. Nela poderedes atopar:

  • Unha biblioteca con multitude de relatos, contos, fábulas e libros con pictogramas.

  • Actividades de comprensión lectora.

  • Un espazo para xogar con aforcados, sopas de letras, puzzles...

  • Un lugar para que o alumnado exprese a súa creatividade inventando contos, elixindo finais para historias ou creando novas estrofas para poesías.

  • Unha webquest baseada no Corpus de Ponteareas.

Pero o mellor desta web é que non só é para nenos e nenas, senón que o profesorado tamén dispón dun pequeno rincón onde poden atopar material didáctico para as súas clases e diversos recursos.


Así mesmo, os usuarios tamén poderán atopar consellos para fomentar a lectura, un póster guía para que sexa máis sinxelo navegar pola web ou directrices para un bo uso de internet tanto na casa como na escola.


Esperamos, profundamente, que vos guste o noso traballo e que vos sexa de axuda para empregalo cos nenos e nenas que teñades ao voso arredor.


E agora que xa vos presentamos o noso proxecto chega o peor momento, a despedida. Foi un pracer compartir todas estas semanas con vos e que nos seguirades durante todo o proceso. Esperamos volver a poñernos en contacto con vos para presentarvos un novo proxecto igual de apaixonante.


MOITÍSIMAS GRACIAS A TOD@S!!!!!!

bottom of page