top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

ADEUS FINLANDIA!


Toca melodía de despedida...


Ao longo deste intenso curso escolar, foron moitos os mestres/as que nos teñen falado do modelo finlandés. Finlandia semella ser o Silicon Valley educativo. Un escenario á vangarda, un espello no que todos queren mirarse.


Case todos os mestres non teñen explicado as principais características dese modelo, pero poucos son os que o teñen levado verdadeiramente á práctica. Sen dúbida, a materia de NOVAS TECNOLOXÍAS é un exemplo.


Nestes 4 meses:


Traballamos en equipo, pero equilibrando esa dinámica grupal con responsabilidades individuais.


Cada grupo de traballo tivo o seu proxecto diferenciado. Un proxecto propio, con pegada persoal que se foi construíndo dende unha idea orixinal ata a súa concreción final.


Sentimos que por enriba dos contidos, o que estabamos a traballar eran competencias.


Perdemos o medo ás novas tecnoloxías e descubrimos un mundo ilimitado e cheo de posibilidades.


Fixemos da motivación o noso principal combustible, ata o punto de non darnos conta de que lle estabamos dedicando a esta materia máis horas das que eran necesarias para aprobala. O pragmatismo deu paso á motivación intrínseca!.


Máis alá da temática de cada proxecto, todos os alumnos/ traballamos contidos transversais: expresión oral e escrita, comunicación audiovisual, manexo das TIC, emprendemento, traballo en equipo...


Fomos protagonistas da nosa propia aprendizaxe, de forma que o profesor converteuse nun mero facilitador, nunha estrutura de apoio, nun provedor de dinámicas de aprendizaxe.


En definitiva. Esta materia foi todo un descubrimento. Atrás queda a desconfianza das primeiras clases. Case unha alerxia tecnolóxica... que co tempo se transformou en interese e curiosidade.


O noso legado queda na rede. Un blog compartido, a nosa primeira web, un vídeo promocional, e múltiples recursos educativos para traballar a paixón pola lectura.


Hoxe son plenamente consciente da utilidade desta materia para o futuro laboral dos docentes. Por iso aproveito este foro para reivindicar a extensión desta materia a todos os cursos de Educación Primaria!


Graciñas a todos e a todas.


Adeus Finlandia!

bottom of page