Hola blogguers!!!
Despois destas entretidas e divertidas semanas, cheas de interesantes contidos e aportacións, chegou o momento de dicir adeus. E que mellor día ca este, o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO!!!
Durante este tempo que estivemos en contacto o fío condutor da nosa comunicación foi a animación a lectura mesturado coas novas tecnoloxías. Non obstante, un día coma hoxe é imprescindible saír a rúa, acercarse a unha feira de libros e pasearse polo mundo das letras, as páxinas e as tapas duras e deixarse empapar dese perfume embriagador das páxinas dun libro sen estrear e postrarse ante a emoción de buscar un novo texto onde inverter as nosas horas de lecer, deixar voar a nosa imaxinación e apaixonarnos cunha nova historia que nos faga sentir emocións indescritibles.
O mundo da tecnoloxía é moi interesante e motivador, pero para min non hai nada mellor que buscar entre as moreas de libros dos stands, ler as contraportadas vendo cal é o mellor libro para inverter o meu limitado presuposto, cal será o gañador finalmente e chegar a casa emocionada coa miña nova adquisición e impaciente por comezar a historia que ese novo amigo me ten que contar.
Esta é a miña reflexión de hoxe e con ela pecho este espazo tan maravilloso que me levou a investigar e a buscar cousas moi interesantes para contarvos, que de non ser por esta motivación non habería descuberto.
Foi un pracer estar en contacto convosco e agradezo, ao igual que as miñas compañeiras, todos os vosos comentarios. Agradecémosvos as vosas palabras de ánimo e os vosos eloxios.
Dáme moita pena ter que deixar de escribir neste espazo, pero espero que pronto teñamos outro proxecto do que vos falar e tervos de lectores.
Ata aquí as miñas aportacións. Coma sempre espero os vosos comentarios. Ata a próxima.
Apertas!!!