top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

UN BOÍSIMO RESULTADO


Boas tardes!!


Queremos destinar esta entrada a facer unha pequena reflexión do impacto que tivo o noso blog no público recollendo todos os comentarios recibidos.


Cando comezamos esta aventura a nosa prioridade era chegar o máximos posible aos nosos lectores para facelos partícipes da evolución do noso proxecto e que obtivesen información e novas sobre o mundo da lectura.


Intentamos facer que a xente tivera fácil acceso ao noso traballo e por iso intentamos organizar o blog de xeito que ao entrar se tivesen claros os apartados, as entradas e todo o que queríamos que chegase ao público.


Deste xeito tamén era unha prioridade que a estética fose atractiva e suxerise tranquilidade, ganas de entrar e ler as entrades e navegar por el.


Era importante para nós interrelacionar todas as partes desta materia e deste xeito toda a información que incorporamos durante este tempo foi moita dela reempregada na nosa web final e así entrelazar todos os recursos e o material elaborado durante estes meses.


Así pois, estamos moi orgullosas do noso resultado final xa que tivo unha boísima acollida que tivo, xa que todo son boas críticas e louvanzas.


A maioría coincidides en que fixemos un bo traballo procurando ter: moitos e variados contidos, un deseño atractivo, unha boa organización unha distribución clara, é de fácil manexo, propomos moita e variada información e facemos boas recomendación.


Con todo isto podemos afirmar que conseguimos levar a cabo os nosos propósitos iniciais, e que se cumprisen as nosas premisas.


Moitísimas gracias polo apoio recibido, estamos moi satisfeitas do noso traballo e esperamos que a máis de un lle entrasen ganas de ler un bo libro.


Un cordial saúdo e ata a próxima!!

bottom of page