Bo día!!
Xa se aproxima o final deste curso e por isto toca despedirse!!
É unha mágoa que isto acabe tan pronto, xusto cando máis metidos estabamos na dinámica do blog.
Cando este proxecto comezou parecíame imposible chegar a facer todo o que se nos pedía e nos propuxeramos. A maioría eran cousas novas para min e parecían ser imposibles, en cambio pouco a pouco podo dicir que me aficionei a isto das TIC.
Síntome moi orgullosa do traballo realizado xa que me superei con creces e creo que mellorei moitísimo a miña competencia no que se refire ás novas tecnoloxías, por suposto con moitísimo traballo e esforzo pero sen dúbida mereceu a pena.
Espero poder seguir formándome para poder empregar todos os recursos posibles, chegar aos meus futuros alumnos e así se sintan motivados e con ganas de traballar e aprender cousas novas.
Penso que esta foi unha experiencia moi bonita e unha boa aventura na que a pesar dos agobios logramos realizar con éxito todo o noso proxecto.
¿Quen nos diría que lograríamos crear unha páxina web e tantos recursos para traballar cos nenos?
Ao principio isto parecía unha utopía e unha meta inalcanzable. Sen embargo, logramos os nosos obxectivos e superarnos a nos mesmas.
Con todo isto gustaríame despedirme definitivamente de vós, os nosos lectores, que por suposto sodes un apoio importantísimo, e vos dou as gracias por seguirnos e lernos.
Gracias unha vez más, e ata a próxima!!