top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC

Dende que teño recordo, as TIC sempre estiveron presentes na miña vida, mais ben é certo que, moitas daquelas cousas que eran a novidade cando eu era unha rapaza pequena quedaron xa moi obsoletas. É así, ate o punto de ser descoñecidas para as novas xeracións, a pesares da pequena franxa de tempo transcorrida, menos de vinte anos.

Eu recordo que na miña casa sempre houbo televisión, soamente unha para toda a casa e moi diferentes as novas e modernas televisións actuais, pero facía a mesma función. Esta estaba acompañada polo reprodutor das cintas de vídeo, onde eu e meu irmán mirábamos as películas de debuxos animados.

Na miña estancia na escola primaria estiven en contacto con novos instrumentos tecnolóxicos como canóns de proxeccións, salas de informática chea de ordenadores, etc. Foi aí onde creei a miña primeira conta de correo electrónico, en hotmail. Aquí naceu a miña andaina polas conversacións no Messenger, comezando deste xeito esa característica típica da sociedade actual de relacionarse a través das pantallas, aínda que nese tempo, a meirande parte dos nenos careciamos de acceso a Internet fóra do centro, polo que as conversacións por chat limitábanse á hora de informática. Eu era unha das poucas que tiña un ordenador na casa, comprárase cando eu debía de estar no primeiro ciclo de primaria. Era un ordenador de mesa que utilizábamos os catro da familia, na actualidade este segue na casa, pero rivaliza cos ordenadores portátiles que lle foron gañando terreo. O primeiro, para meu irmán xa que o necesitaba para facer os traballos que lle encargaban no instituto, o segundo, para min, pola mesma razón que o anterior.

Outros novos aparellos foron chegando as miñas mans, na Primeira Comunión, regaláronme unha cámara de fotos dixital e un MP3, máis tarde viría o MP4. Despois de moito uso, a popularización dos teléfonos móbiles, que xa nos permiten dispor das fotos e da música nun único obxecto, desbanca por completo estes dous aparellos e asistimos a rápida evolución dos smartphones.

No instituto seguiron as innovacións tecnolóxicas, ademais dos ordenadores das salas de informática, os canóns fixos en certas aulas, dispuñamos de outros canóns e portátiles para que os profesores puideran mover as clases que tiñan. Comezan as explicacións coa utilizacións de materiais de apoio informático, presentacións en power point, vídeos colgados na rede… ademais, primeiro contacto coas pizarras dixitais, utilizándoas en algunhas das materias.

Na miña entrada ao instituto e os primeiros pasos polo terreo da adolescencia, apareceron as redes sociais, dende a adicción a Tuenti na ESO, o paso por Twitter, Ask, Facebook, Instagram

Como podemos ver, a miña relación coas TIC é, sobretodo, coa parte dos ordenadores, móviles e Internet. Pero, a evolución tecnolóxica afecta a todos os planos da nosa vida, por exemplo, os sistemas que teñen os novos coches, novos aparellos utilizados na medicina…


bottom of page