top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC



Bo día lectores!!


Como ben sabedes esta é a miña primeira entrada individual e por iso pretende estar enfocada a darme a coñecer un pouquiño máis e contarvos a miña experiencia persoal co mundo das TIC.

A verdade é, que ata onde alcanzan os meus recordos lembro ter un ordenador na miña casa, aínda que só era para uso dos meus pais nun primeiro momento.


Cando tiña máis ou menos seis anos tiven o meu primeiro encontro co mesmo cando me regalaron un xogo para practicar matemáticas, lingua, coñecemento... Encantábame pasar o rato xogando, pero por suposto o horario estaba ben restrinxido dada a súa demanda.


Un televisor tamén estivo presente e outros aparellos que aínda que entón eran ó último xa quedan obsoletas na actualidade. Lembro ter un radiocasete, un vídeo, un discman e máis tarde un mp3, utensilios que para as novas xeracións nin sequera existiron.


Durante o tempo que dura a miña Educación Primaria a penas foi moi importante o uso das TIC, empregábamos o radiocasete en lingua inglesa para poder facer os exercicios e algunha vez ir a sala de “video” onde mirabamos películas ou documentais interesantes.


Isto cambiará xa no primeiro curso da Educación Secundaria. A partir deste ano o uso das TIC comezou a ser moi importante tanto para a elaboración dos meus traballos como para os mestres, quen as empregaban como método de ensinanza-aprendizaxe. Este ano foi o primeiro ano no que tiven que elaborar un traballo con Power Point para expolo en clase. Durante esta etapa tamén tiven informática onde aprendín as cousas básicas sobre o emprego dos ordenadores. Tamén apareceron as pizarras dixitais aínda que foi xa rematando estes anos.


Ademais do ámbito escolar, nesta etapa da miña vida comecei a entrar en contacto coas redes sociais das que nunca tiven dependencia. De feito si as emprego, pero non con moita frecuencia.

No bacharelato aínda se fixeron máis imprescindibles. Nestes anos decido crear a miña propia páxina web persoal para compartir co mundo moitas das miñas ideas, esta centrouse na elaboración de manualidades e de complementos que poden ser creados coas nosas propias mans. Aínda que por mor do meu comezo na universidade a teño un pouco esquecida, si foi unha moi boa experiencia.


Nestes anos, como pode comprobar todo o mundo, as TIC convertéronse en utensilios tan imprescindibles que o mero feito de non ter ordenador é un obstáculo moi importante.


Aquí remata o meu relato, espero que fora do voso agrado e que sigades lendo as nosas entradas xa que estaremos moito en contacto.


Un cordial saúdo e, ata a próxima!!

bottom of page