top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC

Boas tardes bloggers!!


Nesta primeira entrada persoal do blog gustaríame facer un breve resumo da miña experiencia coas TIC.


Persoalmente considérome unha inmigrante dixital, pois cando eu estudaba as novas tecnoloxías aínda non estaban instauradas nos colexios e institutos. Non tiñamos materia de informática nin acceso a internet, a excepción dos despachos do equipo directivo.


Falando con algúns dos meus compañeiros e compañeiras denótase esa diferencia, xa que eles, un pouco menores ca min, xa tiñan PDI nas aulas, colgábanlle material na páxina web do colexio como exames de cursos anteriores ou mandábanlles crear un blog ou unha páxina web para algunha materia.


Proba da pouca necesidade de ter acceso a internet durante o período escolar é que na miña casa instalouse o acceso a internet cando eu teña 12 años porque meu irmán empezaba a carreira de informática, e non porque a min me fixese falta.


Tamén era moi diferente o acceso a rede, xa que para ter conexión había que enchufar o ordenador a una clavixa de teléfono, o que facía que te quedases incomunicado por vía telefónica mentres estabas conectado.


Outro exemplo son os reproductores de música. O primeiro que tiven foi aos 14 o 15 años e tiña unha capacidade de 125 mb e a persoa que tiña un de 360 mb xa era moitísimo. Por non falar do walkman que tiña cando era pequena, sustituido polo disman uns anos despois, pero isto igual é retroceder demasiado no tempo.


Así mesmo a diferencia dos meus compañeiros, a miña primeira rede social creeina con 19 anos e o meu primeiro móbil con acceso a internet tíveno con 20, mentres que os nativos dixitais terían a súa primeira rede social e o seu primeiro smartphone con 10 años de idade ou incluso menos, tempo que se acurta con cada nova xeración, pois os nenos deste momento xa manexan tablets, móbiles y calquer aparato dixital moito mellor cos adultos.

bottom of page