top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

COMPROMISOS DE CARA A CREACIÓN DA NOSA PÁXINA


Ola a tod@s!


Hai uns días anunciámosvos o noso próximo reto: a posta en marcha dun sitio web con múltiples recursos educativos de animación a lectura. Dixemos que vos iríamos informando de todos os preparativos. Pois ben: o prometido é débeda!


No post de hoxe imos adiantarvos as características principais da nosa futura páxina web de recursos educativos. Como sabedes aínda estamos en fase de proxecto, pero tras unha exhaustiva revisión pola rede xa temos decidido algúns dos que serán os seus trazos máis característicos.


Son unha especie de mandamentos, de principios configuradores que pensamos que deben guiar a nosa proposta dixital e ser parte da nosa identidade corporativa.


Este é un documento aberto, susceptible de novas achegas e melloras constantes.


Grazas de antemán polos vosos comentarios!





  • SIMPLICIDADE NO MANEXO: a organización e deseño debe facerse pensando nunha persoa usuaria non familiarizada coa páxina, é dicir, que accede por primeira vez. A navegación debe responder a parámetros de rapidez e simplicidade. A persoa usuaria debe ter claro nuns poucos segundos o obxectivo da páxina que está visitando: qué ofrece


  • ESTÉTICA XERAL: Deseño limpo e espazoso: evitar a sensación de saturación no espazo visual. O estilo gráfico debe convidar á navegación.


  • ORGANIZACIÓN FUNCIONAL: A arquitectura da páxina caracterizarase por unha única vía de acceso á información por temas. É dicir, un só catálogo ou menú principal, que será despregable ou non en función do maior ou menor número de ítems que integre. Toda a oferta de contidos debe figurar no menú principal e ser rapidamente identificada.


  • ESTRUCTURACIÓN DE CONTIDOS: Na estruturación do deseño da portada priorizarase a claridade nos contidos, a accesibilidade e a rápida identificación.


  • USO DA COR: O fondo da páxina debe ser branco. Deste xeito facilitarase a navegación, e a atención da persoa usuaria recaerá nos distintos elementos. Menos é máis.


O resultado global da páxina (fondo branco + contidos) debe resultar atractiva e colorida.


Empregaranse cores vivas e divertidas que non distraian demasiado.


  • ELEMENTOS AUDIOVISUAIS: A fotografía terá un papel importante no deseño da nosa páxina co obxectivo de dotar de impacto visual ao noso portal. Garantirase a máxima calidade na presenza de elementos multimedia como audio e vídeo. Rexeitarase a utilización de animacións ou elementos gráficos dinámicos para evitar a sensación de estridencia visual.


  • TIPOGRAFÍA: Tipografía clara e moderna, que reflicta a solidez e seriedade do proxecto. Os distintos corpos de letra contribuirán a identificar e remarcar a relevancia dos contidos.


  • INFORMACIÓN CORPORATIVA ACCESIBLE: A información corporativa (quen somos, onde estamos e cómo se pode contactar con nós) estará situada nun sitio visible e facilmente identificable na páxina: debe ser o primeiro elemento gráfico na parte superior dereita.


  • INTERACTIVIDADE: A interactividade será unha peza fundamental. Ademais, e co gallo de darlle a máxima difusión á nosa web, o contido poderase compartir en redes sociais.


  • FILTROS: Incorporación de filtros para facilitar a busca de información.


  • HIPERTEXTUALIDADE.










bottom of page