top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

EDUCAR NAS TIC, UNHA GRAN RESPONSABILIDADE


Boas tardes lectores!!


Curioso este título verdade?


Gustaríame que lle botarades unha ollada ó artigo que comezaba deste xeito, publicado o día dous deste mes, no periódico EL MUNDO.


A maioría de nós coincidirá na opinión de que cada día as TIC ocupan un papel máis importante nas nosas vidas. Este é un feito imposible de deter, o mundo tecnolóxico absórbenos cada día máis e máis.


Nas aulas, nas casas, nos bares... este novo amigo parece que chega para quedarse e por moito tempo. Os múltiples recursos que ofrecen fan que cada vez sexa máis común o seu uso.


Adultos e nenos pegados ós móbiles, ás tablets, ós portátiles... Non é unha imaxe precisamente bonita esta pero sí familiar, xa que case todos os días encontrámonos con situacións similares. Pero os nenos non nacen cun aparello destes na man e, é por isto polo que nós como adultos debemos guialos hacia unha correcta utilización.


Ben é certo, que estes recursos apórtannos un milleiro de vantaxes e, sobre todo, facilítannos moitas tarefas. Pero como todo nesta vida, se as empregamos en exceso podemos pagar moi caro as consecuencias. Por isto, é moi importante que todos nós intentemos ensinar ás novas xuventudes como facer un uso responsable das novas tecnoloxías para evitar esa “obesidade” que estamos a padecer.



Poñámonos a dieta e evitemos que os nosos peques o teñan que facer!!


Espero que vos gustara e vos fixera pensar como a min, vémonos (ou lémonos) pronto!!!

bottom of page