top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

OLLO AO PIOLLO


Boas tardes bloggers!!!

Aquí estamos unha vez máis, botabádesme de menos? Hoxe déixovos unha reflexión, a ver que opinades.


Cando a semana pasada mirei no meu facebook esta viñeta de Luís Davila non puiden evitar sentir necesidade de comentala neste espacio que habilitamos para poder dar a nosa opinión sobre a irrupción das novas tecnoloxías nas nosas vidas e que nos permite reflexionar sobre este tipo de cuestións.


Non é a primeira vez que este debuxante reflexiona e fai unha críticas as novas tecnoloxías da comunicación mediante o seu medio de expresión. A viñeta. Nesta, concretamente, mostra a alta exposición pública que teñen os menores de idade nas redes sociais dos seus pais.


En numerosas ocasións, cando abro algunha das miñas redes sociais atopo fotografías de nenos e nenas pequenos nalgunha situación graciosa ou emotiva e incluso ecografías de bebes cuxos pais son amigos meus expoñendo aos seus fillos e fillas dende antes de nacer. É verdade que en moitas ocasión, como cando temos un familiar lonxe, as fotografías en redes sociais agradécense, pois se non fose por iso non poderiamos ter tanto contacto con eses familiares. Pola contra, considero que as redes sociais impuxéronse nos últimos anos a unha velocidade vertixinosa, polo que aínda non somos capaces de evaluar as consecuencias ou as repercusións que estas accións poden conlevar.


Por exemplo, en numerosas ocasións ao abrir a miña páxina de faceebok podo ver fotografías ou publicacións de xente que nin sequera coñezo, basta con que un dos meus contactos lle de a "me gusta" ou comente esa publicación para que eu poida mirala. Isto é consecuencia da política de privacidade da que dispón esta rede social, non importa as medidas que ti tomes para bloquear a túa páxina persoal, este configuración é inamovible. É neste momento cando deberiamos pensar ata onde poden chegar as nosas publicacións e quen pode chegar a miralas, é por iso que debemos valorar mellor unha publicación antes de subila a rede e mais aínda cando son menores de idade os que aparecen nelas.


Con este escrito non quero xulgar aos pais e nais que publican fotografías cos seus fillos nas redes sociais, simplemente quería reflexionar sobre este feito.


Vos que pensades?


Moitas gracias pola vosa atención e espero que vos animedes a comentar.


Ata a próxima publicación!!! Apertas!!


bottom of page