top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

ATOPAMOS BACHES NAS AULAS PARA A ENTRADA DAS TIC

Ola a tod@s!


Os que nos seguides, que esperemos que sexades moitos, xa saberedes que estamos no camiño de converternos en mestras, podemos dicir que somos profes en potencia... por esta razón é polo que unha das cousas que máis nos interesan das TIC é a súa aplicación na educación. Isto non quere dicir que obviemos outros aspectos destas ou outros ámbitos nos que actúan nin moito menos, pero neste caso, vouvos falar da incorporación das TIC ás aulas.


Moitas son as posibilidades para empregar as TIC na nosa práctica docente, dende novas metodoloxías que toman as TIC como a súa principal ferramenta de traballo ata a súa utilización como un recurso de apoio, de ampliación... Invítovos a navegar pola rede e curiosear as experiencias que se levaron a cabo nas aulas coas TIC, son moi interesantes! Encontraredes algunhas nestas páxinas como Educación 3.0 ou Buenas Prácticas 2.0.


Pero, desafortunadamente, non todo o que reluce é ouro. Malia as subvencións e inversións que se levan a cabo para implantar as TIC nas escolas, os docentes atópanse con diversos problemas á hora de traballar coas novas tecnoloxías. Por exemplo, a partir da nova de "A Voz de Galicia" vemos que os problemas de conexión e a baixa velocidade de navegación son problemas frecuentes nos centros.


Se nos paramos a pensar, podemos atopar outros aspectos que dificulten o traballo coas TIC na aula, por exemplo, o edificio, os escasos accesos á corrente eléctrica, o mobiliario...


A construción, disposición e o deseño do edificio, xunto co mobiliario teñen moita influencia a hora de dar clase. Moitos de vos seguramente estudáchedes nunha aula que impedía ou dificultaba o traballo en grupo, por exemplo, pola falta de espazo para mover as mesas, ou mesmo estas mesmas por ser unha única mesa alongada,


Esta idea recóllea perfectamente Tonucci, pedagogo italiano, na seguinte viñeta:


Persoalmente considero que moitas veces o diseño e construcción da escola, a selección de mobles, etc ven dada moitas vecespor criterios económicos, en cambio, debería ter en conta os criterios pedagóxicos e as investigacións e estudos existentes sobre o tema.



Con todo isto que vos conto gustaríame chamarvos a reflexionar, confiemos en mellorar a educación, en cambiala, en innovar, en aprender e disfrutar, pensemos sobre isto, traballemos sobre isto.

bottom of page