Ola a todo@s !!
Xa estamos aquí de novo!!
Nesta nova entrada do noso blog mostramos a nosa reflexión final despois de buscar he analizar os 17 recursos precisos para a actividade que vos presentamos no noso post anterior.
Cando realizamos calquera actividade sempre xorden dúbidas, suxerencias e cuestións. Neste caso, como non podía ser de outro xeito, tamén tivemos algúns contratempos a hora de empezar a análise.
Cando comezamos a busca non tiñamos claro que era un software, cáles eran as institucións recoñecidas para poder buscar recursos, que diferencia había entre videoxogo e recurso interactivo, nin cales eran os portais educativos de referencia, ou mellor valorados, para atopar aplicacións que incorporar a nosa batería de recursos que nos servirán como punto de partida para realizar o noso proxecto xeral.
Tras haber resolto todas estas dúbidas na clase de novas tecnoloxías do pasado venres tivemos unha intensa fin de semana de traballo, mergulladas na rede na procura dos mellores recursos interactivos para o noso proxecto e nos programas que nos poderían ser mais útiles para desenvolver as nosas actividades. O TOP 17 que xa vos presentamos anteriormente.
Ao remate da busca tiñamos varias cousas claras, unha delas é que habiamos feito un exhaustivo e minucioso traballo de investigación para poder atopar os recursos mais axeitados ao noso obxectivo. Outra, Que hai moitísimo material educativo moi interesante que case non se emprega nas aulas. Tras esta busca decatámonos de que as clases poderían ser moito mais dinámicas e motivadoras para os rapaces e rapazas tan só coun pouco de interese dos mestres e mestras, sen ter que recurrir sempre as actividades do libro de texto ou as fotocopias de fichas. E finalmente, e non por iso menos importante, descubrimos que non hai mellor forma de aprender sobre novas tecnoloxías da comunicación que usándoas e relacionándose con elas.
Esperamos que vos gusten tanto como a nos os nosos recursos. E non vos esquezades, a nosa seguinte entrada será co POSTER DIXITAL!!!
Gracias por lernos unha vez mais e esperamos os vosos comentarios.
Apertas!!!!!