top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

TOP 17


FICHAS DE ANÁLISIS DE RECURSOS: O TOP 17

Bo día bloggers!

Seguimos dado pasos na creación e posta en marcha da que será a nosa páxina web de recursos educativos.


Nos últimos días o noso equipo estivo inmerso na selección e identificación dos ingredientes do noso sitio web. Isto é, no deseño dun catálogo cheo de recursos, programas, videoxogos, software, portais… A materia prima do noso proxecto!


Hei de recoñecer que esa selección requiriu un importante traballo previo. Fixemos unha exhaustiva e complexa investigación, na procura dos mellores contidos dixitais que neste momento permean e circulan polo sector educativo español. Tras todo este traballo realizamos un informe composto por 89 páxinas cunha descrición detallada de cada recurso.


Por suposto, este proceso de busca, que se realizou de xeito colaborativo entre todas as integrantes do equipo EDUCATIC, culminou nunha selección final de recursos, o denominado TOP 17.


Hoxe queremos compartir con vos eses materiais ilusionantes. Para que teñades toda a información que necesitades, deixámosvos a vosa disposición un completísimo documento en PDF. Nel poderedes atopar todos os datos e características de cada recurso: análise do estilo gráfico, destinatarios, nivel de interactividade, principais potencialidades, actividades, procedencia, forma de estruturar os contidos, etc


Todos estes materias teñen un denominador común: están baseados na imaxinación, na fantasía e na creatividade. Son intuitivos e interactivos. Teñen unha indubidable compoñente lúdica. Presentan un alto valor didáctico. Teñen un alto nivel de calidade. Gran variedade de recursos. Deseño atractivo. Respectan a diversidade e o ritmo individual de aprendizaxe. E responden a un obxectivo fundamental: animar aos nenos e nenas a ler, verdadeiro leitmotiv do noso proxecto.


Antes de despedirnos, avanzámosvos o seguinte paso: de xeito inminente imos crear o noso poster dixital con todos estes recursos. A tamaño industrial!


Polo momento non podemos contarvos máis nada, pero estade atentos, porque pronto teredes noticias nosas...


Saudiños e grazas polos vosos comentarios e achegas, sempre útiles e interesantes!


Ata a próxima!

bottom of page