top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

VIDEOXOGOS: PODER EDUCATIVO



Bo día bloggers!


Dende EDUCATIC seguimos dándolle voltas ao binomio educación – novas tecnoloxías da información e a comunicación. Hoxe quero compartir con vós a reportaxe que o pasado 18 de febreiro publicaba o diario EL PAÍS baixo o elocuente título: “La escuela puede aprender mucha pedagogía de los videojuegos”.


Esta é unha das conclusións á que chega Mariano Fernández Enguita no seu último libro “La educación en la encrucijada”. O catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense é –ao meu xuízo– unha das voces máis destacadas do panorama educativo español. Teño que recoñecer que me gusta o que di por moitas cousas: por ser valente, por rexeitar a tradicional autocomplacencia do gremio, por ser autocrítico e non ter pelos na lingua. En definitiva, por promover o cambio.


En opinión deste autor, a incorporación das TIC á escola non debe servir para seguir facendo o mesmo. É necesario cambiar a metodoloxía, transformar a vida das aulas, alonxar a aprendizaxe dos seus vellos eixos, da clase maxistral e do libro de texto.


Os videoxogos, di Enguita, son una forma de retar aos adolescentes a que fagan cousas máis complexas. Requiren memoria e teñen un año nivel de abstracción. Empregan linguaxes simbólicas moi complexas e conseguen manter unha tensión permanente entre o que o xogador sabe e o reto que se lle pon. A escola pode aprender moita pedagoxía dos videoxogos.


Comparto plenamente esa idea: os videoxogos teñen un gran potencial como ferramenta educativa, como elemento motivador e facilitador da aprendizaxe na medida en que supoñen a inmersión noutra realidade,a exploración, a toma de decisións, o desafío ás habilidades. Ademais pode contribuír a rebaixar o estrés do alumnado nas aulas.


Finalmente e en relación a outros temas de carácter xeral, Enguita ve imposible que as forzas políticas acaden un pacto pola educación, e cuestiona tamén que en todos estes anos teña sido imposible elaborar un estatuto do docente. Nesta liña, alerta sobre a crise institucional que afecta ás funcións do mestre e a necesidade de adaptación ao novo escenario.


Dende o meu punto de vista, a educación é, por definición, un ámbito intrinsecamente suxeito ao cambio e en permanente evolución. A escola evoluciona á par que a sociedade. Traballa con persoas e para persoas, converténdose ademais nun poderoso axente de transformación social. Poderíamos dicir que a escola é, en si mesma e a un mesmo tempo, espello e motor do cambio.


Penso que é necesario encarar o cambio e os desafíos que este comporta dende a perspectiva da oportunidade, e non do problema.


Grazas polos vosos comentarios!

bottom of page