Boas lectores!!
Hoxe ofrecémosvos un POSTER no que recollemos todos os recursos que analizamos previamente nas 100 páxinas de análise axuntadas nunha das entradas anteriores.
Tras a busca de recursos e o seu conseguinte estudo creamos este póster para clasificar dun xeito máis cómodo a información recompilada. Coa colaboración e participación de todas logramos un interesante resultado.
Para a realización do mesmo empregamos a aplicación Gloster que nos axudou a concretar nunha páxina todos estes datos que nos gustaría mostrarvos xa que, nos serán de gran utilidade nas futuras tarefas e sobre todo, no noso proxecto final.
Para organizar a información debíamos agrupalos segundo os aspectos que tiñan en común e tras darlle moitas voltas ó deseño conseguimos obter un bo resultado, no que pensamos que se plasman as características máis importantes para que, de este xeito, sexa cómodo e sinxelo decantarse por aqueles recursos que nos interesan en cada momento.
Decidimos clasificar os recursos en cinco grandes bloques: no primeiro atópanse distintos recursos nos que se recollen un gran número de contos, unha recompilación de historias perfecta para que mestres e alumnos poidan acceder a elas de xeito sinxelo.
No segundo engadimos todos eses xogos interactivos nos que os alumnos poden por a proba os seus coñecementos mentres pasan un bo rato mentres que no terceiro reúnense diversos recursos para practicar a comprensión lectura.
No cuarto prima a creatividade posto que son recursos para crear contos, historias, postais.... E por último temos ese “caixón de xastre” onde decidimos incorporar dúas páxinas nas que se atopa unha batería de recursos relacionados co noso tema, a lectura.
Deste xeito clasificamos os recursos segundo as súas utilidades para que sexa máis sinxelo decantarse por aqueles que vos chamen a atención ou queirades empregar como ferramenta.
Esperamos que vos guste, un saúdo e ata a próxima!!