CREAMOS UN PÓSTER? Como?Para que?
- Educatic
- 24 feb 2016
- 2 Min. de lectura
Boas tardes a todos!
Como vos comentamos na entrada anterior, creamos un póster! Algúns pensaredes: un póster? en que consiste? como o facemos? e para que? Estas preguntas asaltaron as nosas cabezas ao comezo da actividade, pero pouco a pouco fomos atopando o rumbo, a dirección e a meta a seguir. Imos comezar polo principio:
En busca de ideas e recursos para elaborar o noso proxecto final, unha páxina web de recursos educativos, fomos navegando pola rede e atopando recursos e páxinas que nos resultaban interesantes e de axuda. Tras facer unha selección, unha análise e unha comparación dos recursos conseguimos clasificalos en cinco apartados:
-o almacén de fantasías (a biblio virtual)
-xogos interactivos
-le, entende e comproba (actividades comprensión lectora)
- experiencia creativa
-caixón de xastre (páxinas con moitos recursos)
Esta clasificación e ordenación ten por fin que a xente que siga o noso proyecto poida entender de maneira clara, sinxela e de maneira visual, a análise feita dos recursos seleccionados(top 17). Este traballo é o que reflexamos no noso póster dixital que é un poster que se presenta en formato electrónico, sendo unha alternativa ao sistema tradicional de presentación.
A ferramenta que utilizamos para a elaboración do noso poster é GLOGSTER, unha aplicación web que nos permite comentar e compartir pósters multimedia (ou murais dixitais) interactivos.
Esta aplicación ten un período de proba gratuito no que podedes entrar e crear os vosos póster... Para isto podemos tomar as plantillas prediseñadas ou ben optar por comezar dende cero nunha folla en branco. A utilización é bastante sinxela e intuitiva, aínda que para un mellor aproveitamento das posibilidades da aplicación, a nosa recomendación é buscar algún vídeo-tutorial sobre esta.
Como vos decimos, o noso póster ten como fin a exposición dos recursos web analizados. Pero, no transcurso da actividade, atopamos un sinfin de utilidades que pode ter un póster: por exemplo, o deseño de carteis informativos dos eventos do centro, información das actividades...
E aquí rematamos, esperamos que a nosa experiencia vos sirva de axuda e vos anime a diseñar o voso propio póster!
Deica logo!
