IDEAS FORZA
- Vanesa
- 24 feb 2016
- 1 Min. de lectura
Boa tarde: Hoxe comparto con vós a nube de tags que vimos de crear. Sintetiza nunha imaxe as ideas forza do noso proxecto temático que como xa sabedes utiliza as TIC como canle e vehículo de animación á lectura. As palabras que compoñen a nosa nube están cheíñas de oportunidades. Remítennos a un montón de sensacións positivas que se derivan do simple feito de ler.
A nube está incluída no póster dixital e, por suposto, tamén terá o seu oco na páxina de inicio da nosa futura web. A aplicación coa que creamos a nosa nube é “tagcloud generator”. Dende este blog recomendámosvos esta app pois resulta moi sinxela de utilizar e non require rexistro. Só tedes que escribir as palabras no cadro de texto habilitado. Canto máis as repitades, máis grandes se farán no deseño final.
Esta app ofrece a posibilidade de personalizar o tipo de letra e a cor. Ademais, permite elixir o grao de inclinación que queremos darlle á nosa nube de palabras.
En definitiva, en tan só uns poucos segundos poderedes crear unha imaxe propia, personalizada e orixinal. Unha imaxe con mensaxe, con contido. Espero que este post vos resulte de utilidade. Ata a próxima!
