top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

A PELOTA ESTÁ NO NOSO TELLADO


Ola bloggers!!!!


Aquí estamos unha vez máis na nosa cita semanal.


Nesta ocasión déixovos unha noticia de "La voz de Galicia", na que nos falan dunha conferencia organizada pola "Plataforma proyecta", na que se reuniron 200 profesores e profesoras do ámbito non universitario.


Entre outras temáticas nestas charlas trataron temas tais como como motivar aos alumnos e alumnas ou como integrar os móbiles e as tablets nas aulas.


Respecto ao primeiro tema na conferencia pónsenos a pelota no noso tellado, pois argumentan que está nas nosas mans cambiar a maneira de impartir as clases e a forma de adquirir e interpretar os coñecementos.


En canto ao uso de aparatos electrónicos nas aulas comentan que debemos perder o medo a usar estes elementos e convertelos nuns aliados, aínda que non como fin, senón como ferramenta de traballo.


Relacionando os dous puntos está claro que os aparatos electrónicos poden axudarnos a facer moito máis dinámicas e interesantes as nosas exposición e explicacións, pois son elementos totalmente integrados nas vidas dos nosos alumnos e alumnas. Este feito axuda a que o estudante se sinta mais cómodo e mais motivado para buscar información e interesarse polos diversos temas, ademais fai mais autónoma a aprendizaxe, pois son eles mesmos os que buscan a información que lles parece mais interesante sobre a temática tratada. Así mesmo, en canto aos mestres e mestras, as novas tecnoloxías e os aparatos electrónicos ofrécennos todo un abanico de posibilidades e recursos que nos poden facilitar tanto a programación e planificación das nosas clases, como a execución das actividades e mellorar a comunicación co nosos estudiantado.


Vos que opinades? Credes que realmente se lle ten medo a integración dos aparatos electrónicos nas aulas?


Coma sempre agradecervos os vosos comentarios e espérovos a semana que ven. Apertas!!!!!!!

bottom of page