top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

SE QUEREMOS TECNOLOXÍA, CAMBIEMOS A METODOLOXÍA

Boas Tardes!


Hoxe quero falar con vós sobre o uso que lle dan os docentes aos recursos tecnolóxicos que teñen a súa disposición.


Navegando pola rede atopei un vídeo que reflectía perfectamente a miña experiencia coas TIC na aula: a inmensa maioría dos meus profesores empregaron os recursos tecnolóxicos dos que dispoñían unicamente como apoio ou nunha actividade puntual, obviando todo o seu potencial.

Invítovos a ver este vídeo xa que, seguramente, moitos de vós tamén vos atopástedes con esta situación.


Ante esta realidade non nos queda máis remedio que actuar, con esta entrada quero facervos reflexionar e incentivarvos para que todos xuntos traballemos para cambiar e renovar a escola. O obxectivo da escola é preparar a persoa para desenvolverse na sociedade na que vive, proporcionarlle os coñecementos e habilidades que precise para vivir neste momento histórico concreto. Por esta razón, vivindo como estamos na sociedade da información, debemos deixar atrás a visión tradicional da escola como encargada de transmitir o coñecemento, xa que en pleno século XXI o coñecemento está espallado por todas partes e os nenos non acceden unicamente a este a través da escola. Pasa a ser máis importante saber buscar a información desexada entre as moitas posibilidades que se nos presentan, saber traballala, sintetizala… que retela memorísticamente.


Polo tanto, se a sociedade cambiou, a escola debe facelo tamén: se agora nos atopamos na sociedade da información, rodeados de novas tecnoloxías en todos os ámbitos das nosas vidas, a escola debe traballar e ensinar estas. Non debemos quedarnos en traballar nunha materia as TIC, senón que estas deben estar presentes de maneira transversal, “traballando sobre elas, con elas e a través delas”(Cantón Mayo & Pino-Juste, 2011).


Nesta nova realidade, debemos evitar por completo que se dea a situación descrita no vídeo, debemos utilizar novas metodoloxías xunto coas TIC e os restantes recursos dos que dispoñamos para proporcionar unha ensinanza enriquecedora e adecuada á epoca na que nos encontramos.



Cantón Mayo, I. y Pino Juste M. (2011). Diseño y Desarrollo del curriculum. Madrid: Alianza Editorial


bottom of page