OS LIBROS VOADORES
- Paula
- 1 mar 2016
- 1 Min. de lectura
Boas noites lectores!!
Esta semana propóñovos unha interesante viaxe pola fantasía que nos propón esta CURTAMETRAXE, deste xeito interrelaciono o tema que nos abarca, a lectura, coa utilidade das TIC para infinidade de cousas entre elas, esta interesante, bonita e apaixonante proposta de apenas uns minutos que nos proporciona unha tenra historia na que se reflexiona sobre a importancia de ler e escribir.
Trátase dunha curtametraxe que sen dúbida captará os corazóns de aqueles que coma min, amamos a palabra escrita.
Neste pequeno fragmento de conmoción encontrámonos cunha interesante reflexión, pois ensínanos que así como nos damos vida a aqueles libros que lemos e que xacen nos estantes do contrario, os libros tamén nos enchen de vida. Cada páxina, cada historia, cada emoción que nos fai sentir é unha nova experiencia e un tesouro que gardamos no máis profundo dos nosos corazóns.
Sen dúbida os libros, os nosos máis fieis amigos, nunca nos deixan sos e nos levan a lugares soñados onde poder vivir miles de aventuras e emocións. ¿E que mellor maneira para reflexionar sobre un tema tan interesante que unha curtametraxe? ¿que unha ferramenta TIC?
Vos invito a que desfrutedes destes 15 minutos de intensas emocións, que vos faga pensar e que por suposto, vos abra o apetito e desexedes conseguir un novo libro que devorar.
Un cordial saúdo e ata a próxima!!