Qué tal bloggers??!!
Outra semana máis déixovos neste espacio algunha cousa que considero interesante sobre as novas tecnoloxías. Nesta ocasión é un vídeo sobre o uso das novas tecnoloxías na escola. Vos que pensades ao respecto?
Nos últimos anos as novas tecnoloxías irrumpiron estrepitosamente nas nosas vidas, todos os nenos e nenas están relacionados ou vinculados dalgunha forma coas novas tecnoloxías. Dende que son cativos póñenselles vídeos de debuxos animados dende internet ou usan algunha aplicación interactiva. Nembargante a escola está totalmente desvencellada deste mundo, sen decatarse que as TIC son unha parte mais das vidas dos seus alumnos e alumnas, quedando illada e obsoleta e facendo que os estudiantes non se sintan motivados nin vinculados coas clases e coas materias.
Durante os últimos traballos que tivemos que desenvolver nas clases teóricas de novas tecnoloxías sobre recursos e aplicacións para a animación a lectura, decatámonos de que hai infinidade de recursos, xogos e aplicacións gratuitos e de fácil manipulación que farían que as clases resultasen moitísimo mais interesantes, interactivas e motivadoras para os nenos e nenas. Sen embargo séguense sen usar. Este feito fáiseme verdadeiramente chamativo, pois no último decreto de educación falan das competencias que teñen que adquirir os nenos e nenas e entre elas están a de aprender a aprender ou compentencia dixital.
Con respecto a primeira competencia as novas tecnoloxías axudaríannos a que os alumnos buscasen información, a que a seleccionasen con rigor e con criterio os coñecementos e a non dar por bo o primeiro que atopasen. En canto a segunda fai unha clara referencia a saber utilizar os aparatos dixitais e, cómo van a adquirir esa competencia na escola se non se usan eses aparellos e esas tecnoloxías nas aulas? É un tanto paradóxico, non vos parece?
Espero as vosas opinións, a ver si sacamos algo en claro. Moitas gracias por acudir á cita unha semana máis. Atoparémonos novamente a próxima semana. Apertas!!!