top of page

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

AS AULAS DO SÉCULO XXI

  • 3 mar 2016
  • 2 Min. de lectura

Boa tarde:


Hoxe quero comentar con vós unha infografía moi interesante que rescatei da Editorial Planeta. Trátase dunha imaxe na que se describe o presente e se anticipa o futuro das aulas do século XXI, tanto en termos de dispositivos como de servizos dixitais e métodos pedagóxicos. Dunha maneira moi gráfica descríbese a senda pola que vai avanzar o sistema educativo.


A información foi extraída do informe “Perspectivas 2014: Tecnología y Pedagogía en las aulas”, da Universidade Autónoma de Barcelona.


En 2016 os proxectores e a wifi son os dispositivos máis empregados. En canto aos servizos dixitais, o liderado tecnolóxico ocúpano as wikis, os blogs, a computación na nube e os recursos educativos abertos. E no que atinxe á metodoloxía destaca o traballo por proxectos.


Á volta da esquina, en 2018, as tabletas, as pizarras electrónicas e os teléfonos intelixentes presidirán as aulas. Os servizos máis empregados serán as redes sociais, os xogos educativos, a realidade aumentada, simuladores ou xeocalización. E as estratexias didácticas máis importantes virán da man da aprendizaxe por exploración, a resolución de problemas e a aprendizaxe móbil.


No ano 2020 as tecnoloxías que segundo este estudio presidirán o sector educativos serán os robots educativos, os sistemas de produción audiovisual e as impresoras 3D. Os principais servizos serán os cursos masivos abertos en rede e a metodoloxía principal será a da clase invertida ou Flipped Classroom.


Na miña opinión, nun contexto de crise coma o que estamos vexo difícil o uso xeneralizado destas innovacións nas aulas. Pero estou segura que todas esas tendencias serán a vangarda dun novo xeito de impartir a docencia.


Gústame moito ademais, que non só se aborde o tema tecnolóxico dende o punto de vista do hardware, dos dispositivos, senón que a análise vaia enfocada tamén aos servizos e ás metodoloxías e estratexias didácticas.


O escenario pinta cando menos atractivo. O tempo dirá se estas predicións chegan a bo porto.

 
 
 

Comentarios


* 2016 Educatic, creado por estudiantes de magisterio. 

bottom of page