top of page

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

AS TIC: MENOR OU MAIOR RENDEMENTO ESCOLAR?

  • 3 mar 2016
  • 2 Min. de lectura

Para rematar o día….


No xornal “EL Periódico” publicouse unha nova que quero compartir con vos xa que dá cancha á reflexión de cara a nosa práctica docente: TIC, Mobil World Congress y Educación.


No Mobil World Congress, o evento mundial máis importante para o sector da telefonía móbil e o desenvolvemento tecnolóxico, celebrado fai unhas semanas en Barcelona, presentouse o estudo “A educación na encrucillada” do catedrático de Socioloxía da Universidade Complutense, Mariano Fernández Enguita . Este fixo unha vinculación entre o uso das TIC nas aulas cun menor rendemento escolar.


Ante esta conclusión de Enguita, gustaríame defender o uso das TIC na aula xa que penso que si que poden axudar a que o rendemento escolar do alumnado aumente. Para min, as TIC son como calquera outra cousa, poden estar ben ou mal segundo como nós as utilicemos: se o facemos de maneira responsable, eficiente e cuns bos propósitos poden axudarnos, pero, en cambio, un mal uso pode facer que estas se nos presenten como inimigas.


A continuación, expoño unha breve lista de exemplos que poden conseguir prácticas educativas con TIC:

  • Aumento do factor motivación: seguramente, chegaremos a máis nenos se o facemos no seu idioma, a través das TIC.

  • Conseguir que a atención non decaia, podemos saltar e cambiar de contidos a unha gran velocidade que obrigue aos nenos a estar concentrados e atentos dunha maneira menos directa e polo tanto máis efectiva.

  • Permite unha gran interactividade onde o alumno estea implicado no proceso.

  • O proceso de ensinanza-aprendizaxe é máis dinámico a través do uso das TIC.

  • Aumenta a participación do alumnado.

  • Desenvolvemento de actividades de busca e selección da información

  • Etc

Estas son algunhas das vantaxes que podemos atopar cando integramos as TIC na nosa aula, pero esta incorporación tecnolóxica ten que vir da man dun cambio de metodoloxía, dun compromiso por parte do docente…


É necesario que a educación avance coa sociedade, para min, é urxente incorporar as TIC ás aulas xa que a sociedade, a vida de calquera persoa, está rodeada de TIC polo que a escola debe preparar para acceder a ese contexto, debe preparar para vivir nesta sociedade, neste tempo concreto.


 
 
 

Comentarios


* 2016 Educatic, creado por estudiantes de magisterio. 

bottom of page