Boas noites a tod@s!
No seguinte post gustaríame transmitir o meu entusiasmo a todos os que me ledes, neste caso, quero transmitir ganas, forza e ilusión para innovar e introducir as TIC no ámbito educativo.
Novos tempos, novas prácticas, novas metodoloxías, novos instrumentos… LANCÉMONOS A POR ELES!
Como acabo de comentarvos, esta entrada xorde coa intención de animar e apoiar a todos aqueles que estean dispostos a colaborar no cambio que a educación precisa, aquela transformación necesaria para adaptar a escola aos tempos actuais. Fóra escusas! A primeira en ser borrada da lista é a falta de recursos. Síntoo pero esta está totalmente descartada, ninguén máis despois de ler este post poderá recorrer a ela. Demóstrovos por que?
Moitos docentes en activo, superaron as barreiras e puxéronse de cheo a traballar coas TIC. Algúns deles comparten as súas experiencias en blogs, páxinas… co fin de poder axudar a outros profesionais da educación á hora do desenvolvemento da súa labor profesional.
Pero o que é máis importante é que as súas innovacións consisten en pequenos cambios, sen necesidades de grandes recursos nin demasiadas transformacións, que facilitan e melloran o proceso de ensinanza-aprendizaxe. Como mencionei na miña entrada individual anterior, incorporar as TIC á práctica educativa aporta moitas vantaxes.
Como dixen, na rede podedes encontrar moitas experiencias que os diferentes docentes comparten, pero eu déixovos o acceso a dúas páxinas onde poderedes encontrar moitas experiencias de aula empregando as TIC, pequenas prácticas que transforman pouco a pouco a metodoloxía tradicional cara unha nova educación.
Espero que vos sirvan e vos animedes, querer é poder!
Ata a próxima!