top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

FELIZ DÍA DA MULLER


Boas!!


Hoxe, día internacional da muller traballadora, gustaríame dedicar este post a refelexionar un pouco sobre este tema.


En física, Albert Einstein e Isaac Newton; en química, Melvin Calvin; en bioloxía, Charles Darwin; en socioloxía, Auguste Comte; en antropoloxía, Claude Lévi-Strauss o Bronislaw Malinowski; en matemáticas, Blaise Pascal; en psicoloxía, Sigmund Freud e así... Un pode citar o nome de incontables científicos e personalidades máis importantes dentro de cada disciplina e, sexan os seus nomes populares ou non, a realidade é que, xeralmente, a gran maioría son homes.

Pero, que hai das mulleres científicas? Das mulleres escritoras? Das mulleres traballadoras? Das mulleres que ao longo da historia realizaron espectaculares avances? Cada ano, as universidades forman miles e miles de futuras intelectuais, profesionais, pero á hora de ocupar a primeira plana, o certo é que a nosa sociedade as relega.


Por todo isto é que hoxe preséntovos estas listaxes con algunhas das mulleres máis importantes da historia.


Neste vídeo poderedes ver unha listaxe de importantes escritoras:


https://www.youtube.com/watch?v=RJL7Fkos2Mo&feature=youtu.be


Por outra banda estas son 10 das científicas máis importantes da historia


  1. Hipatia de Alejandría: foi a primera muller en realizar unha contribución sustancial ao desenvolvemento das matemáticas

  2. Jane Goodall: como primatóloga, estudiou o uso de ferramentas en chimpancés, a quen dedicou o estudo de toda a súa vida.

  3. Sophie Germain: foi unha matemática francesa que destacou polo seu aporte á teoría de números.

  4. Emmy Noether: podría considerarse como a muller máis importante na historia das matemáticas e de feito, vale destacar que entre outros tantos, así a consideraba Einstein.

  5. Barbara McClintock: deixou un amplo descubrimento no campo da xenética.

  6. Lise Meitner: foi una física cun amplo desenvolvemento no campo da radioactividade e a física nuclear, sendo parte fundamental do equipo que descubriu a fisión nuclear.

  7. Augusta Ada Byron (Condesa de Lovelace): foi unha brillante matemática inglesa (filla do poeta Lord Byron)

  8. Jocelyn Bell: é a astrofísica británica que descubriu a primeira radiosinañ dun púlsar.

  9. Rosalind Franklin: foi biofísica e cristalógrafa, tendo participación crucial na comprensión da estrutura do ADN, ámbito no que deixou grandes contribucións.

  10. Marie Curie: muller que dedicou a súa vida enteira á radioactividade, sendo a máxima pioneira neste ámbito

bottom of page