top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

Lo que leo



Boas tardes a tod@s!!!


Esta semana déixovos unha noticia que me parece moi interesante sobre a importancia da lectura e de como as novas tecnoloxías poden fomentar e facer máis interesante esta actividade.


A pesar de que a noticia é sacada do periódico "El País" de outubro do ano pasado, segue mostrando un tema de total actualidade e moi relacionado coa temática do noso proxecto, que como sabedes é motivar e incentivar a lectura.


A noticia presenta un proxecto desenvolvido pola editorial Santillana chamado "Loqueleo" que consiste na reedición de clásicos da literatura como La historia interminblae, Momo, Matilda ou Charlie y la fábrica de chocolate, para acercalos aos mais pequenos. Pero isto non é o mais innovador, posto que iso xa o fixeron antes outras editoriais, o característico deste proxecto é que se pode acceder a este catálogo dende redes sociais coma facebook, Twitter ou Youtube. Ademáis, tamén ofrece recursos de apoio para os familiares e os docentes.


Outra característica desta nova proposta é a creación dunha comunidade virtual na que se poden facer debates, tertulias e recomendacións dos títulos que máis lles gusten aos usuarios e usuarias desta rede.


O proxecto aínda non está totalmente rematado, pois neste primeiro trimestre do ano estaban a integrar no traballo actividades de comprensión lectora para autoavaliarse.


Esta é outra mostra de como as novas tecnoloxías achegan os contidos educativos aos máis pequenos para motivalos. Unha vez máis demóstrannos que debemos integrar as tecnoloxías no mundo educativo sen demora.


Pois isto foi todo por hoxe. Coma sempre espero que vos guste a miña entrada e que me comentedes. Moitas grazas. Apertas!!

bottom of page