Boa tarde amig@s!
Hoxe quero compartir con vós unha batería de interesantes recursos para traballar na aula o tema da animación á lectura que, como sabedes, é o fío condutor do noso proxecto web. Todos eles xiran arredor dunha das obras máis senlleiras da literatura universal. Si, si, estou falando do inconfundible Cervantes e da súa obra mestra O Quixote.
Nun principio, un pode pensar que a complexidade desta obra non é compatible coa lectura a idades temperás. Precisamente este post trata de desmitificar esa falsa idea. Na miña opinión calquera obra –coas correspondentes adaptacións–, pode ser lida polos máis pequenos. Non hai límites!
Ademais, a novela de Cervantes ten moitos elementos que poden resultar de por si atractivos para o alumnado de primaria: a riqueza das personaxes, o humor, as andainas, a loita contra os xigantes muíños, a imaxinación desatada, etc.
No seguinte link poderedes botar unha ollada a estes recursos. Aquí atoparedes blogs especializados, vídeocontos, libros de diferentes editoriais, series de televisión, aplicacións, unidades didácticas con numerosos exercicios e actividades para diferentes niveis educativos, e unha interesantísima páxina impulsada polo Goberno de Castela e León.
En definitiva, 15 oportunidades para gozar da lectura do máis famoso fidalgo.