Bo día lectores!!
Hoxe destinaremos esta entrada a adiantarvos un pouquiño as actividades que temos pensado levar a cabo para o noso proxecto. Así pois, faremos una breve descrición previa das mesmas.
Nun primeiro bloque gustaríanos elaborar actividades que axuden a practicar a comprensión lectora dos nenos. Intentaremos elaborar xogos interactivos para que estes pasen un bo rato aprendendo.
Como exemplos desta idea:
Sopa de letras
Xogo do aforcado
Crucigramas
Exercicios de relacionar e unir
Exercicios de test
Todos estes exercicios teñen unha lectura previa de textos ou contos de onde sairán os termos que se traten nestes recursos (protagonistas, vocabulario, síntese ...).
Para que os nenos poñan en práctica o seu enxeño e a súa creatividade gustaríanos crear una actividade na que os destinatarios teñan que crear os seus propios contos a partir de palabras que se lle propoñan.
Coa utilización da webquest ou da busca do tesouro os nenos terán que realizar os exercicios propostos, todos eles para poder traballar a lectura e todo o que conleva.
Ademais de todo isto, e con vistas de incentivar a lectura proporemos a lectura de contos interactivos, videocontos, audiocontos... E tras a súa lectura ou visualización facer unha pequena reunión do “club de lectura” na que todos os nenos compartan as ideas e reflexións das historias e contos tratados con anterioridade.
Estas son as nosas ideas para traballar a lectura e facer que os nenos aprendan a valorar os libros e a empregar a lectura como unha boísima actividade de lecer.
No noso informe faremos unha descrición moito máis detallada de cada actividade, a temporalización, a metodoloxía, os recursos empregados…
Así que, estade atentos e vos facilitaremos esta información.
Un cordial saúdo, e ata a próxima!!!