Ola bloggers!!
Seguimos deixándovos cousiñas que iremos integrando na nosa web. Pasiño a pasiño estamos construíndo un pequeno rincón onde podades atopar material que, esperamos, vos resulte interesante.
Na entrada anterior falámosvos das actividades que estamos a deseñar para incluír nun dos apartados da web, pois ben, neste novo post seguimos encamiñados nesa liña.
Para deseñar as nosas actividades estamos utilizando diferentes recursos e páxinas que nos axudan a realizar ditas actividades, por exemplo:
Ardora permítenos facer sopas de letras, crucigramas, puzzles..... sen embargo esta aplicación é pouco intuitiva e da bastantes erros, aínda despois de ver varios tutoriais seguimos sen ser capaces de dominala.
HotPotatoes tamén nos permite facer preguntas, cruzadas, emparellar..... esta opción é moito mais intuitiva e fácil de manexar que a anterior.
Cuadernia, con esta ferramenta fixemos un conto que nos servirá para despois usar como base para distintas actividades.
Educaplay é unha das mellores páxinas para facer este tipo de recursos, pois ofrece moitas posibilidades de xogos e actividades sinxelas de deseñar.
Estas foron algunhas das páxinas que visitamos e utilizamos entre outras como edilín, activinspire ou jclic.
Así mesmo, para deseñar a nosa webquest precisamos unha páxina que permite desenvolver este tipo de actividade, neste caso, nos eliximos wix, a mesma plataforma na que creamos o noso blog e na que estamos deseñando a nosa web.
Esperamos que cando miredes a nosa web vos gusten todas estas actividades que estamos a realizar con tanto cariño e esmero.
Coma sempre, seguirémosvos informando do proceso de construción da nosa web e de todos os recursos que estamos creando para facela o máis completa posible.
Ata ese momento deixámosvos un cordial saudo!!