top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

AS TIC E A LECTURA COLLIDAS DA MAN


Boas tardes blogguers!!


Antes que nada quero agradecervos que acudades a nosa cita unha semana máis.


Nesta ocasión déixovos un conto interactivo, a historia de Roberto. Con este vídeo quero reflexar unha vez máis que a lectura e as tecnoloxías son totalmente compatibles, e máis que iso, deberiamos acostumarnos a que vaian collidas da man.


Para os que somos un pouco inmigrantes do mundo dixital aínda nos gusta ter un libro de papel entre as mans. Pola contra as novas xeracións están acostumadas a interactividade, e se prefiren ter un ebook ou escoitar un conto nunha plataforma coma youtube, por que no lle imos dar a posibilidade de facelo?


Como teño dito noutras ocasións, para os máis cativos a tecnoloxía é a súa lingua materna, polo que non debemos impoñerlle o noso método de lectura, se non que eles mesmos deben ser os que elixan a forma que mais lle gusta de relacionarse cos libros.


Un exemplo desa interactividade é o conto que vos propoño, é curto e sinxelo, pero perfecto para un neno ou unha nena que se estea a iniciar na lectura, pois ao mesmo tempo que un locutor vai narrando a historia tamén aparece o texto escrito, polo que os cativos e cativas poden seguilo sen ningún tipo de dificultade.


Esta é a miña proposta desta semana, espero que vos guste, e se tedes rapaces pequenos cerca llo amosedes para ver a súa reacción e lle preguntedes que lles parece.


Espero os vosos comentarios.


Vémonos a vindeira semana. Apertas!!

bottom of page