Ola a tod@s!
Esta semana gustaríame falarvos dunha experiencia moi interesante que atopei: KUENTALIBROS é un espazo dirixido a recomendar lecturas a través da rede. Como sabemos, as recomendacións de boca a boca son as de maior éxito.
Kuentalibros é unha experiencia innovadora e colaborativa que une o fomento da lectura coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación.
Ademais de fomentar a lectura, favorece a adquisición da competencia en comunicación lingüística: ler, escribir (construción discurso recomendación), falar e transmitir a túa mensaxe, escoitar e comprender aos demais.
Os destinatarios e autores desta páxina son alumnado de infantil, primaria, secundaria, bacharelato, idiomas, adultos e profesores que estean dispostos a compartir as sensacións que algún libro lle provocou. Ademais, ti tamén podes participar!! Unicamente tes que seguir as instrucións e poderás aportar a túa recomendación literaria na rede!
Kuentalibros abarca unha gran cantidade de xéneros: narrativa, poesía, teatro, cómics, revistas, novas actuais, receitas de cociña… Estes aparecen organizados en diferentes categorías segundo a quen vaian dirixidos.
Entre eses títulos estou segura que hai un libro perfecto que vos está esperando. Creo que existen libros para todos, para cada persoa, para cada gusto, para cada experiencia, sensación, emoción… todos temos a oportunidade de gozar, imaxinar, soñar, vivir lendo. Vas quedar atrás??
Seguro que nos cruzamos nalgunha historia….
Ata a próxima! Lede moito!