Boas tardes lectores!!
Aproveitando que está á volta da esquina o día do pai gustaríame ensinarvos unha listaxe dalgúns libros infantís nos que o protagonista é o pai.
Hai pais de todo tipo: pais perfectos, desastrosos, primerizos, tenros... Deste xeito os nenos poderán regalarlles aos seus pais o que máis lles guste:
¡¡¡Papá!!!
Un libro moi divertido no que se nos contan as cousas que fai un pai cos seus fillos, iso sí contadas como si foran unha aventura. Porque levar as bolsas pode ser substituto de ir ao ximnasio.
¡Papá es mío!
Divertidísimo e tolo, froito do amor e os celos de dous irmás. «¡Papá é meu!, berran constantemente para reclamar a atención dun pai que non se pode partir pola metade ou si?
Nos ombreiros de papá
Subido nos ombreiros de papá o mundo vese moi diferente. Neste libro un neno nos conta o que ve dende alí arriba. Fantasía e preciosas ilustracións.
P de papá
Un pai é capaz de transformarse nas cousas máis incribles: tractor, colchón, espertador, grúa...Un libro que se acerca á relación de complicidade entre pai e fillo, e que invita a ambos a descubrirse xuntos e estreitar os lazos da súa relación familiar ao paso de cada páxina.
Días de fillo
Con humor e ironía, Philip Waechter nárranos a case incrible sorte de ser pai. Preséntanos ao pai “primerizo”, para o que de pronto todo é un pequeno milagre, que se emociona ante cousas profanas como cambiar os primeiros cueiro, os primeiros dores de tripa ou a “guerra” coa remolacha bermella.
Espero que vos guste esta pequena listaxe, ata a próxima!!
Un saúdo