top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

INNOVACIÓN CONTRA O BULLYING

Boa tarde!


Todos sabemos que o fenómeno do acoso escolar é unha das cuestións de maior relevancia no escenario educativo actual. É necesario traballar en distintas frontes (medios de comunicación, familias, centros educativos, institucións...). É necesario incrementar as estratexias de prevención e deseñar pautas unificadas de actuación.


Pero non perdamos a perspectiva. A educación en valores, a resolución de conflitos, a educación para a paz non se conseguen con contidos conceptuais. Non é suficiente con que os profesores lembren as normas, identifiquen ou alerten das posibles sancións, ou se laien das terribles consecuencias do bullying. Todos estes contidos hai que traballalos a nivel procedimental, con experiencias de aprendizaxe verdadeiramente significativas.


Por qué non converter ao acoso escolar no tema central dun conto que os alumnos teñan que inventar? Por qué non poñer aos alumnos na pel dos adultos encargados da resolución do problema, a través dun xogo de rol?


Hoxe comparto con vós unha iniciativa audiovisual de loita contra o bullying levada a cabo nun CRA de Zaragoza: A creación dunha cortometraxe feita polos propios alumnos e alumnas sobre a temática do bullying, que xa recibiu diferentes premios. Chámase BALLYING e poderedes atopalo en youtube.


Este tipo de iniciativas non só contribúen a sensibilizar ao alumnado en xeral. Contribúen a traballar a asertividade, a expresión das emocións, a cooperar, a ter amigos, a vencer a cobardía e a vergoña. En definitiva, a evitar moitos potenciais acosadores.



bottom of page