top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

UN VIDEOXOGO PARA APRENDER A SONREÍR

Bos días a todo@s!


Moitos estaredes gozando das vacacións de Semana Santa, que ben! Pero seguro que moitos e moitas de vós aproveitades algún ratiño para ler, así somos os lectores non?


Así me pasou a min onte, mentres lle botaba unha ollada ao xornal ¨Faro de Vigo¨ atopeime cunha nova que me chamou especialmente a atención, coma sempre, relacionada coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación e a educación.


“Un videoxogo para aprender a sonreír” é o titular desa nova da que vos falo, a que chama a atención? Antes de entrar en detalles do artigo, cómpre aclarar que esta nova lina na edición en papel do xornal, o luns 21 de marzo. Enlázovos a versión dixital pero o artigo completo soamente está accesible para suscriptores dixitais.


En resumo, esta nova fala sobre un programa baseado na tecnoloxía empregada nos videoxogos que ten como obxectivo axudar aos nenos con parálise cerebral a mellorar xestos comúns como sorrir, subir as cellas, emitir un bico…




Como mestres e mestras é importante transmitir aos nenos, ensinarlle e axudarlle a mostrar os seus sentimentos, a abrirse aos demais… con esta innovación tamén poderemos facer que nenos con parálise cerebral cheguen a mostrar algunhas das súas emocións.


Ademais, aínda que o software está deseñado para nenos con parálise cerebral, existe a posibilidade de adaptalos a outros trastornos que tamén afecten ao tono e ao control muscular.


Con esta experiencia trato de consolidar a idea de que as novas tecnoloxías poden facilitar o noso día a día se se fai un bo uso delas.


Que vos parece? Como vedes, a min encántame! Espero que me cheguen as vosas opinións e comentarios ao respecto!


Ata pronto! Boa Semana Santa!

bottom of page