top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

AS TIC NON MELLORAN O RENDEMENTO ACADÉMICO


Boas tardes blogguers!!


Benvidos unha semana máis a este espazo de reflexión.


As TIC non melloran o rendemento académico, iso é o que di o último informe da OCDE segundo o artigo de UNIVERSIA España.


Este informe, chamado "Estudiantes, Ordenadores y Aprendizaje: realizando la conexión", reflicte que os estudantes non adquiren a competencia dixital. Segundo o último informe PISA, a pesar da inversión realizada por moitos dos países en tecnoloxía, entre eles España, seguen sen acadar o dominio da lectura e das matemáticas.


No noso país hai un ordenador por cada 2,2 alumnos e alumnas, sen embargo seguimos a cola nos resultados dos informes internacionais, o que confirmaría o titular deste post.


Se partimos desta premisa volvemos ao punto de partida de sempre, será porque os mestres e mestras non ensinan ou non usan convintemente as tecnoloxías da información e comunicación? Ou como di o artigo, hai que ter unha comprensión lectora e uns coñecementos matemáticos previos?


A este respecto eu teño dúas cousas claras. A primeira, é que co nivel de conexión que teñen a seu alcance os nenos e nenas a día de hoxe as TIC teñen que ser unha ferramenta máis de traballo para eles. E a segunda, é que os mestres e mestras temos a obriga de poñernos ao día coas tecnoloxías, pois de nada serve que haxan dous alumnos por ordenador ou unha pizarra dixital por cada clase se seguimos impartindo coñecementos coma se non os tiveramos. Pois en moitos colexios os ordenadores só se usan na hora de informática e a pizarra dixital ou non funciona o só se usa como pantalla para proxectar.


E vos que opinades a este respecto? Coma sempre espero os vosos comentarios. Moitas gracias por lerme unha semana máis.


Apertas!!

bottom of page