top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

A FORMACIÓN É A SOLUCIÓN



Boas tardes a tod@s!!


Aquí estamos unha semaniña máis despois da Semana Santa, espero que disfrutarades do período vacacional.


Esta semana déixovos unha noticia de páxina web efefuturo.com na que fan unha síntese da conferencia ofrecida en Madrid por Francesc Pedró, o xefe da División de Políticas Sectoriais, TIC e Educación de Unesco.


Nela fálase unha vez máis da escasa competencia dixital que teñen os profesores e da necesidade de axudarlles a formarse para poder mellorar a aprendizaxe do seu alumnado.


Pedró di que non é tan importante a formación xeral do profesorado, como a formación específica de como aplicar as tecnoloxías na aula, e ensinarlles aplicacións e programas que poidan usar para impartir as súas clases.


Case todo o profesorado sabe, a día de hoxe, manexarse no mundo interactivo, o que non se sabe é como acercar ese mundo á aprendizaxe e a escola.


O autor tamén di que a falta de interactividade nas escolas non é pola ausencia de medios tecnolóxicos, pois a maioría dos nenos e nenas posúen un aparello electrónico e lévano diariamente ao centro educativo, o problema é que se lle impide usalo, en vez de aproveitalo para darlle un uso educativo.


Persoalmente penso que deberiamos mirar os aparellos electrónicos coma un aliado e non coma un inimigo.


Vos que pensades sobre isto? Creedes que deberiamos axudarnos do material tecnolóxico que trae o alumnado a escola para darlle unha función educativa, ou pola contra deberiamos afastalos das nosas aulas? Ademais, considerades importante que os mestres reciban unha formación específica para poder aplicar as tecnoloxías nas aulas de forma segura e efectiva?


Espero os vosos comentarios con gran interese. Moitas gracias pola vosa atención.


Vémonos a semana que ven. Apertas!!

bottom of page