top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

COMO VIVIMOS... COMO NOS COMPORTAMOS...

Xa estamos por aquí de novo… Como estades lectores?


Dende a miña postura de futura mestra, podemos chamarlle “mestra en potencia”, intento ler e estar ao día sobre todas aquelas cousas que poden afectar ou influír na educación ou na infancia. Dentro destas atopamos, sen ningunha dúbida, as TIC. Estas revolucionaron e seguen a revolucionar os hábitos de toda a cidadanía, pero, podemos dicir que o seu impacto é maior nos pequenos, xa que estes nacen e crecen xa neste novo contexto onde as TIC chegan a tódolos lugares; son manexables, sen capacidade analítica nin crítica…


Pois ben, atopei unhas viñetas do caricaturista e debuxante Ángel Boligán onde utiliza o sarcasmo e o humor para cuestionar e reflexionar sobre aspectos do mundo moderno. Neste caso seleccionei dúas que teñen relación coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación, pero recoméndovos botarlle unha ollada as demais (que poderedes atopar na páxina do autor) xa que reflicten perfectamente moitos comportamentos humanos que non deberían darse se pensamos con dous dedos de fronte… Ademais, as situacións, comportamentos e valores plasmados nestes debuxos poden ser tratados nas aulas para educar aos nenos, evitar que repitan estas situacións, reflexionar sobre a vida moderna, ademais de trasladar esas mesmas reflexións a toda a sociedade.


Volvendo as caricaturas no que as protagonistas son as TIC:




A primeira imaxe, ao meu parecer, representa a situación actual claramente. É frecuente atoparse cunha realidade similar na nosa cidade. Por poñer un exemplo, cando eu de pequena ía coa miña familia a un restaurante, meu irmán máis eu, ao rematar de comer, xogabamos cos demais nenos do restaurante, non os coñecíamos, pero eran nenos e todos queríamos xogar e pasalo ben. En cambio, agora, os rapaces xa non queren levantarse, correr… piden o móbil, a tablet… e alí están, na mesa sen moverse nin dicir nin pío…


Fronte a esta realidade, debemos actuar e intervir, ensinémoslle todas as experiencias que se están perdendo!


A segunda imaxe fala por si soa, estamos atados as TIC, sexa cal sexa o formato no que se presenten…

  • Fotografías e vídeos en todo momento e lugar: e isto por qué? Os momentos e as experiencias vánsenos esquecer?

  • Videoxogos, videoxogos e videoxogos: hai máis xogos e pasatempos!

  • Etc.

Xa non me enredo máis, é a vosa quenda, que pensades? Cómo frear estas situacións? Estarei atenta aos vosos comentarios… Deica logo!

bottom of page