top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

O PROFE INESQUECIBLE !


Boa tarde bloggers!


Creo que nisto estamos todos de acordo. Un non esquece nunca aos seus mestres e mestras. Os cadros docentes forman parte (permitídeme o palabro) da “paixanaxe” das nosas vidas.


A nosa mente almacena ducias de anécdotas, imaxes conxeladas e opinións diversas da nosa vida escolar. Nese ecosistema tan especial, os profes ocupan un lugar sinalado. Non hai dúbida de que os profesores son un modelo de conduta para o seu alumnado.


A pesares desa importante influencia, ser o que se dice “un bo profe” non é doado. Esixe constancia, vocación, e un compromiso constante de renovación e reciclaxe. Require habilidades innatas e tamén outras traballadas.


Hoxe quero compartir con vós unha interesante infografía de Aula Planeta. Describe algúns dos trazos básicos imprescindibles para ser un gran profesor ou profesora.


As 10 propostas son fundamentais xa que inciden na curiosidade, na autonomía, na xustiza, no coñecemento práctico, na escoita activa, no efecto sorpresa, nas actitudes positivas... Pero quixera destacar unha proposta por enriba das demais, polo que ten de implicación para o proxecto de Educatic. Refírome á recomendación “Descúbrelles un libro: le con eles fragmentos dun conto que che guste, constrúe unha biblioteca e anima aos teus alumnos e alumnas a traer á clase os libros favoritos”.


A lectura é unha aprendizaxe universal. Unha responsabilidade docente de primeira magnitude.


Sigamos creando o gusto por ler. Graciñas

bottom of page