HOMENAXEAMOS Á LECTURA
- 4 abr 2016
- 1 Min. de lectura
Boas tardes !!
Hoxe propóñovos estas viñetas de Liniers que rinden homenaxe á lectura. Espero que as disfrutedes.
Nelas unha nena vai descubrindo o mundo das páxinas dos seus libros preferidos. Enriqueta é soñadora, esperta e lle apaixona a natureza. Comparte as súas aventuras co gato Fellini e o seu oso, Madariaga. Pero seguramente os seus mellores momentos son os que pasa cun libro entre as mans. A protagonista ten algo de Mafalda a quen Luniers rende homenaxe máis dunha vez nas súas viñetas.












Espero que sexan do voso agrado, un cordial saúdo e ata a próxima!!!


Comentarios