SEGURIDADE É TRANQUILIDADE
- Patricia
- 5 abr 2016
- 1 Min. de lectura

Boas tardes a tod@s!!
Esta semana quero falarvos de algo que considero moi importante e que estreitamente ligado coas tecnoloxías da información e a comunicación, e non é outra cousa que a seguridade.
Durante todas estas semanas falamos sobre a importancia das TIC nas aulas, que é o idioma que falan os nenos e que os mestres debemos mergullarnos neste mundo sen demora. Nembargante, en moitas ocasións, tanto pais, nais ou profesorado, non nos paramos a pensar nos perigos que contén a rede, e o responsables que debemos ser e o coidado que temos que ter cando deixamos un aparello electrónico nas mans dun menor.
Para evitar eses perigos hai varias páxinas cunha sensibilidade especial ante este tema e que se preocupan de que cando accedes a súa dirección os nenos e nenas estean seguro.
Unha desas páxinas é do que vos quero falar hoxe.
O noso novo amigo chámase kiddle, que é un buscador creado por google dedicado as búsquedas infantís.
Nel os contidos van organizados da seguinte forma:
Primeiro, aparecen aqueles contidos destinados a nenos e nenas.
Segundo, figuran sitios seguros supervisados polo persoal de kiddle, que son webs que, a pesar de que o seu contido non foi deseñado para o público infantil pode ser facilmente interpretado polos máis cativos.
E terceiro, aparecen sitios populares e seguros filtrados por Google SafeSearch
Hai moitas páxinas coma a que acabamos de ver de google, ou outras como a que dispón youtube, que se preocupan de facer unha rede segura para os máis pequenos e é a nosa responsabilidade asegurarnos de que as usen.
Esta é a miña proposta desa semana, espero que vos guste e vos sexa útil.
Vémonos a semana que ven. Apertas!!