"TIC" + "DIFICULTADES DE APRENDIZAXE" IGUAL A...
- Candela
- 6 abr 2016
- 1 Min. de lectura
Boas de novo!
Seguro que a maioría de vós escoitou falar algunha vez de “Dificultades de aprendizaxe”, Dislexia, TDH, Discalculia… Na realidade dunha aula é frecuente que atopemos algún alumno ou alumna con algunha dificultade, como mestres e mestras debemos axudar a ese alumno ou alumna a superar esas dificultades e conseguir deste modo progresar na súa formación.
E se tratamos esas dificultades a través do emprego das TIC? Pois ben, podemos ver como exemplo a Rehasoft, unha empresa vangardista das Novas Tecnoloxías Educativas que desenvolve produtos que melloran a lectura, escritura, a aprendizaxe e a comunicación. Dedícase a formar programas informáticos para persoas con dislexia, TDH, baixa visión… (Ademais de ir dirixidos ás persoas con algún trastorno na aprendizaxe van dirixidas tamén a profesionais do ámbito educativo, familias…).
Rehasoft conta cunha ampla gama de programas e ferramentas informáticas, programas interactivos e multimedia, dispositivos… que poden mellorar a calidade de vida das persoas con dificultades de aprendizaxe ou de baixa visión.
Que vos parece a utilización das TIC para superar as dificultades de aprendizaxe?


Pois ben, na miña opinión o emprego de ferramentas informáticas, programas interactivos e multimedia crean un ambiente moi motivador que facilita unha maior implicación dos nenos nos exercicios. Ademais, posibilitan unha aprendizaxe nun contexto lúdico e ameno.
En definitiva, saquémoslle partido as TIC e fagamos que tamén funcionen co alumnado que presenta algunhas dificultades.
Que vos parece a vós?
Graciñas por lernos, ata a próxima!