top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

WEBQUEST: "COÑECEMOS O CORPUS"

Boas tardes lectores!


Como xa sabedes, estamos no camiño de crear unha páxina web con recursos educativos orientados á animación lectora. Estamos rematando, pronto poderemos presentarvos o noso proxecto rematado!


Hoxe podemos adiantarvos algo: elaboramos unha webquest sobre o Corpus en Ponteareas. Nesta intentamos unir a animación lectora ao Corpus. Desta maneira, intentamos ir máis aló do noso tema de traballo (animación lectora) encadrando este no contexto inmediato do alumnado.


O obxectivo desta actividade é que os nenos e as nenas (neste caso de Ponteareas) coñezan máis a fondo a festividade do "Corpus Christi" mentres gozan da lectura. Todo isto non contexto lúdico e motivador como é traballar cunha webquest.


Contámosvos un pouco de que vai:


A webquest titúlase "Coñecemos o Corpus". Nesta viaxe de investigación atopámonos con Dalia, unha flor viaxeira e investigadora que nos conta a súa historia. Nestes momentos atópase perdida e precisa a axuda dos nenos e nenas pontareanos. Ten que deseñar unha alfombra para o Corpus pero non sabe que é iso... Os nenos adéntrase nesta aventura investigando e explorando xunto con Dalia. Transfórmanse en exploradores, investigadores, deseñadores... para axudar a flor a cumprir coa súa encarga.


En definitiva, unha aventura máxica, apaixoante, creativa e orixinal que mergullará aos nenos e nenas nesta historia, deixando vía libre a súa imaxinación e creatividade.


Podedes entrar e mirala, paga a pena!


Deica logo!

bottom of page