XVII SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA
- Candela
- 6 abr 2016
- 1 Min. de lectura
Ola a tod@s!
Quen vive preto de Pontevedra? A quen lle apaixona a lectura? Quen ten a súa redor nen@s, fill@s, sobriñ@s, afillad@s, net@s...? Teño un plan para vós!
Pontevedra acolle ata o 23 de abril o XVII Salón do Libro, infantil e xuvenil “Canta Bichería!” É unha oportunidade estupenda de mergullar aos máis pequenos no mundo da lectura.

Un mundo de actividades agardan por todos nós: contos musicados, contacontos, teatro e teatro de títeres, musicais, cine, espectáculos, obradoiros… Un sinfín de actividades para aprender e pasalo ben no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Pero isto non remata aquí, a bichería chega ao centro da cidade, as rúas do centro histórico están ambientadas para a ocasión, as librarías deixan paso as merendas con contacontos, os centros de ensino colaboran e traballan conxuntamente…
Sei que tes ganas de vir así que vou deixarche o enlace a páxina do salón do libro na que atoparás o programa de actividades completo.
Espero que se vos achegades me contedes que tal! Saúdos!