top of page
No hay etiquetas aún.

BUSCA POR TAGS: 

POSTS RECENTES: 

SÉGUENOS:

  • Facebook Clean Grey

AS FORTALEZAS DO CÓMIC


Boa tarde:


O post de hoxe vai completamente dedicado ao cómic, un dos reclamos máis potentes para fomentar a lectura e un poderoso instrumento para reforzar as habilidades lingüísticas, comunicativas e creativas.


O cómic non é literatura de segunda clase. É unha expresión literaria chea de oportunidades e con moitas aplicacións nos niveis de primaria e secundaria. A combinación da narración en viñetas co recurso da imaxe, converte a o cómic nun formato extraordinariamente atractivo para os rapaces e rapazas destes niveis educativos.


Existen moitas posibilidades para configurar actividades empregando o cómic. Podemos pedir aos alumnos/as que inventen unha historia en 7 viñetas, por exemplo. Outra opción é darlle as personaxes preestablecidas para que, a partir de aí, constrúan eles o relato. Outra posibilidade é ofrecerlle as tiras cómicas xa feitas, deixando que o alumnado cubra os “bocadillos”. En definitiva, un sinfín de posibilidades por explotar, que seguro garantirá un óptimo nivel de motivación no alumnado.


Aproveito a ocasión para recomendarvos unha aplicación moi interesante, Pixton, que permite crear guións gráficos on line. Con só un navegador de internet, os alumnos/as poden comezar inmediatamente a deseñar personaxes flexibles, dándolles expresión e poñéndoos en calquera pose, utilizando unha intuitiva interface de clic e arrastre.


Á hora de configurar as escenas, poden comezar desde cero, elixir unha distribución preestablecida ou un formato xa feito.


Pola súa banda, os docentes poden avaliar o rendemento dos seus alumnos/as usando un sinxelo sistema de 5 estrelas, ou a través das rúbricas para cómic.


Saudiños e ata a próxima!

bottom of page