Ola a tod@s!
Co título deste post xa vos imaxinades sobre que quero reflexionar esta semana, non? As tic son un risco ou unha oportunidade para a lectura?
Atopámonos con respostas confrontadas e moi dispares en canto á resposta a esta cuestión. Vós que pensades?
Pois ben, a miña opinión teñoa ben clara, penso que as TIC son unha gran oportunidade para a lectura, tanto para os lectores e as lectoras habituais como para animar a aqueles que non se adentraron aínda no apaixoante mundo da lectura. Soamente hai que introducilos, amosarlle aquelas oportunidades que as TIC ofrecen para ler.
Para aqueles que aínda non se animan... vouvos ensinar a cantidade de cousas que atopamos nas TIC que animen a ler:
-Atopamos na rede un sinfín de bibliotecas virtuais.
-Poderemos acceder a diferentes formatos que non atopamos nos libros en papel: audiocontos, videocontos, contos interactivos... Grandes oportunidades para que os máis pequenos descubran historias e contos que os animaran a seguir lendo.
-Para gozar da lectura, é fundamental comprender aquilo que estás lendo. Coas TIC poderemos acceder a actividades interactivas e xogos para mellorar a competencia de comprensión lectora.
Centrándome nos máis pequenos, deixo un par de enlaces para que animedes aos nenos a combinar as TIC e a lectura, estou segura de que o resultado será estupendo...
-Educapeques: cuentos infantiles
Espero os vosos comentarios... Que teñades un bo día!