Bos días!
Como xa vos adiantarmos, a páxina web do noso proxecto estará chea de recursos e actividades para fomentar e animar aos máis pequenos a ler. Para elaborar as actividades de lectura, comprensión lectora, xogos, exercicios de creación e imaxinación utilizamos unha serie de aplicacións que queremos comentarvos.
Entre os recursos que creamos destacamos a realización dun ebook/cadernos dixitais nos que reflexamos dúas fábulas. Estes ebooks foron creados coa aplicación "Cuadernia", da Xunta de Comunidades de Castilla- La Mancha. O emprego da aplicación é sinxelo e intuitivo, non atopamos grandes dificultades á hora de deseñar e plasmar a fábula neste formato de caderno dixital. Os problemas apareceron despois, á hora de exportar e insertar o caderno na nosa páxina web debido a que esta xera o caderno nunha carpeta xunto con outros arquivos de descarga que condicionan a visión do ebook.
"Educaplay" é un portal de actividades educativas que permite crear e compartir actividades multimedia. Para a creación das actividades é necesario rexistrarse, atopamos dúas versións de rexistro, nós utilizamos a gratuita. A partir de aquí é coser e cantar! Coa túa conta podes crear adiviñanzas, crucigramas, actividades de completar, de relacionar, test e moitas máis! Na nosa opinión, esta foi a páxina na que nos resultou máis sinxelo a creación dos nosos recursos multimedia.
Outro dos recursos creámolos a través de "Poow toon". Con el creamos unha presentación animada, neste caso, a ilustración e animación do poema "Doña Pitu Piturra". Esta compañía permite a creación de presentacións animadas e vídeos explicativos. Consideramos que está moi ben pero, na nosa opinión, a versión gratuita presenta algunhas limitacións en canto a elección de personaxes, debuxos... xa que nesta versión atopamos poucas opcións.
Tamén creamos un aforcado a través de "ahorcado.net". A utilización é moi sinxela, quizá demasiado simple o que deixa pouco marxe para personalizar os aforacados.
Utilizamos tamén "Hot patatoes", ferramenta de autor deseñada polo Centro de Humanidades da Universidade de Victoria (UVIC). Consideramos que o seu manexo é fácil e intuitivo, pero, ao igual que con cuadernia, atopámonos con problemas á hora de colgala na páxina web.
Os puzzles fixémolos a través de "tuspuzzles.com" que, ao noso entender, está moi ben, é sinxela e ofrece varias posibilidades para elaborar os puzzles segundo o número de pezas, o nivel de dificultade...
E por último pero non menos importante, empregamos "wix", non soamente para este blog que ledes, a webquest tamén foi deseñada a través de wix, e o mesmo coa páxina web do proxecto. Como mirades, repetimos, podedesvos imaxinar que estamos contentas co seu funcionamento. Cremos que posibilitan unha maior pensonalización e marxe que outras aplicacións ou sitios web para crear blogs ou páxinas web.
Como vedes, hai moitos espazos que permiten a elaboración de actividades propias, na súa maioría, son asequibles para todo o mundo! Con esta pequena valoración queremos animarvos e darvos as claves para que vos lancedes connosco a crear e adaptar as actividades ao grupo, á metodoloxía de traballo...
Non esperedes máis, adiante!
E coma sempre, esperamos os vosos comentarios!! Ata pronto!